Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 77 anos tras ser atropelada por un autobús urbano en Ourense

Morre unha muller de 77 anos tras ser atropelada por un autobús urbano en Ourense

O suceso ocorreu no Viso, nas inmediacións de Cudeiro, na cidade de Ourense

O tráxico suceso produciuse sobre as 13:35 horas na N-525, nun lugar, no que hai un paso subterráneo para peóns

G24.gal 26/06/2024 15:54 Última actualización 26/06/2024 20:35

Unha muller faleceu este mércores tras ser atropelada por un autobús urbano nunha parada de autobús situada no Viso, nas inmediacións de Cudeiro, na cidade de Ourense.

Segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico, a persoa falecida é unha muller de 77 anos, veciña do Viso.

O tráxico suceso produciuse sobre as 13:35 horas na N-525, nun lugar, no que hai un paso subterráneo para peóns. Polo momento descoñécense as causas que puideron provocar o sinistro.

Ata o lugar, desprazouse un equipo de investigación de sinistros e tres patrullas de motoristas da Garda Civil así como os servizos de emerxencias, que non puideron facer nada para salvala.

Ademais, o condutor de autobús deu aviso ao servizo de mantemento da vía, que se trasladou ao lugar do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade