Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha nena ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca

Morre unha nena ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca

A pequena de 11 anos precipitouse mentres os pais estaban durmindo 

A Garda civil investiga o suceso, pero todo apunta que foi unha caída accidental

G24.gal 22/07/2024 15:37

Unha nena irlandesa de 11 anos falecía tras caer dende o sétimo andar dun hotel de Mallorca, no que estaba de vacacións coa familia. Ocorría sobre as 6 e media da mañá na Alcudia. Varias chamadas alertaban a esa hora da caída ao baleiro dunha persoa dende unha grande altura. Ao lugar do suceso trasladáronse emerxencias do 112, a Garda Civil, a Policía Local e efectivos do 061. Cando chegaron ao punto comprobaron que se trataba dunha nena de 11 anos, que xacía inconsciente. Intentaron reanimala, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

Segudo fontes próximas ao caso, a pequena, de orixe irlandesa, precipitouse dende a terraza mentres os pais estaban durmindo e caeu no cuberto da planta baixa. A Garda Civil investiga as circunstancias do suceso, aínda que todo apunta a unha caída accidental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos