Morre unha persoa e cinco quedan feridas nun accidente en Castelló con 40 vehículos implicados
Morre unha persoa e cinco quedan feridas nun accidente en Castelló con 40 vehículos implicados
O sinistro produciuse na AP-7, á altura do concello de Nules, a causa da mesta néboa
Unha persoa faleceu e cinco quedaron feridas nun accidente múltiple ocorrido este venres na AP-7, Autoestrada do Mediterráneo, ao seu paso polo concello castellonenco de Nules, segundo informou o Centro de Información e Coordinación de Urxencias (CICU).
Os cinco feridos presentan contusións leves e foron trasladados a un hospital de Vila-real.
O accidente, que se rexistrou contra as 8:40 horas no quilómetro 455 da AP-7 como consecuencia dun banco de néboa, obrigou a cortar a vía totalmente en ambos os sentidos e víronse implicados uns 40 vehículos, segundo informaron o Consorcio Provincial de Bombeiros e o 112CV.
Dúas persoas quedaron atrapadas nos seus vehículos, unha delas nun turismo e outra no interior dun camión, que se incrustou noutro camión.
O tráfico na AP-7, a principal vía de comunicación terrestre entre a Comunidade Valenciana e Cataluña, tivo que ser cortado e desviado pola estrada Nacional 340.