Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren nun accidente o piloto e o copiloto no rally Villa de Tineo en Asturias

Morren nun accidente o piloto e o copiloto no rally Villa de Tineo en Asturias

O piloto Julio Castrillo e o copiloto Francisco Javier Álvarez faleceron tras chocar o seu coche contra unha árbore nun treito da proba

Estado en que quedou o vehículo tras o accidente no Ralli Villa de Tineo Estado en que quedou o vehículo tras o accidente no Ralli Villa de Tineo
G24.gal 15/04/2023 18:58

O deporte asturiano tinguiuse de lito este sábado. Un choque brutal no sexto treito da proba  púxolle un final terrible ao rally Villa de Tineo, que foi suspendido despois de que dous dos participantes, Julio César Castrillo e o seu copiloto, Francisco Javier Álvarez, chocaran ao saír da vía.

O seu Citroën DS3 N5 impactou contra unha árbore no antepenúltimo treito da proba. Puntuable para o Campionato de Asturias, contaba con 86 vehículos rexistrados e quedo suspendida tras o sinistro, segundo informou un portavoz da organización.

A organización do rally comunicou ás cinco e media da tarde a suspensión inmediata do proba automobilística.

Tras coñecer as consecuencias do accidente, o presidente do Principado, Adrián Barbón, púxose en contacto co alcalde de Tineo, José Ramón Feito, para transmitirlle o seu pesar polo falecemento dos dous automobilistas.

"Moitísima dor con esta terrible noticia, que nos deixa a todos afundidos", sinalou na súa conta de Twitter.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade