Cargando resultados...
Morren tres membros dunha familia nun accidente de tráfico múltiple en Lleida
Morren tres membros dunha familia nun accidente de tráfico múltiple en Lleida
A néboa provocou a colisión en que se viron implicados 20 vehículos
Hai tamén unha decena de feridos
G24.gal
31/12/2021 13:48
A autoestrada AP-2 permanecía cortada a primeiras horas desta mañá debido a un accidente múltiplo no que se viron implicados 20 vehículos, entre eles, varios camións en Catelldans, na comarca das Garrigues, en Lleida.
Faleceron tres persoas que ían nunha furgoneta, todos da mesma familia, entre os que hai un menor. Ademais, dez persoas quedaron feridas de diversa consideración.
A intensa néboa puido ser a causa do accidente, segundo os bombeiros, xa que ao parecer debido á escasa visibilidade os primeiros vehículos non viron outro accidentado na beiravía e non lles deu tempo de frear, como lles pasou aos que viñan detrás.