Un morto e 40 feridos no Medusa Festival de Valencia tras cederen varias estruturas polo vento
Un morto e 40 feridos no Medusa Festival de Valencia tras cederen varias estruturas polo vento
Emerxencias de Valencia informa de que nove dos feridos están graves e outros doce leves
Os refachos de vento superaron os 93 quilómetros por hora e prolongáronse 25 minutos
O concello de Cullera asegura que o Medusa tiña todos os permisos e garantías
Un mozo de 22 anos faleceu e corenta persoas feríronse tras caer parte do escenario principal e a estrutura de entrada ao recinto en que se celebra desde o mércores o Medusa Festival, na praia de Cullera, en Valencia.
O tráxico accidente produciuse polo forte vendaval que se desatou contras as catro da madrugada e que envolveu nunha treboada de area todo o recinto.
Emerxencias informou de que nove dos feridos estaban graves e que foron evacuados a diferentes hospitais de Valencia e de La Ribera, en Alzira, mentres outros doce dos feridos tiveron lesións leves polo que recibiron atención no lugar do accidente por distintos equipos sanitarios.
A organización do festival suspende de xeito temporal a actividade e comunica que tras as inclemencias meteorolóxicas rexistradas esta madrugada desaloxaron o recinto como medida preventiva e para garantir a seguridade dos asistentes.
O festival, que agardaba reunir ata o domingo unhas 320.00 persoas, comezou este venres a programación de música electrónica.
Contra as catro da mañá, refachos de vento superiores aos 93 quilómetros por hora, fixeron caer varias estruturas, entre elas o cartel da entrada principal, de grandes dimensións, e distintas partes dos escenarios montados, algunhas delas caeron sobre o público.
A situación obrigou a evacuar o recinto, que a esa hora reunía unhas 50.000 persoas. Os asistentes explicaban que notaron como unha treboada de area, un "aire que queima" e viron como caían sobre a xente varias estruturas.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, durante esta madrugada producíronse "rebentóns cálidos" con refachos moi fortes de vento e ascensos bruscos das temperaturas.
A Garda Civil e a Policía Local de Cullera evacuaron nuns minutos todo o recinto onde se celebraban os concertos, mentres os equipos sanitarios atendían e trasladaban os feridos máis graves. O desaloxo de 50 mil persoas en 40 minutos provocou momentos de nervios.
Muchos heridos y al menos una persona ha fallecido esta madrugada en el #medusafestival de Cullera tras la caída de estructuras debido a fuertes rachas de viento
— M 📺 (@casasola_89) August 13, 2022
De locos 🥺
pic.twitter.com/MvTodbiaPQ