Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía multa un home en Vigo por trucar un patinete

A policía multa un home en Vigo por trucar un patinete

Alcanzaba os 96 km/h, cando debería estar limitado a 25

G24.gal 15/09/2022 13:59

Circulando a gran velocidade, conducindo bébedos, drogados, pola beirarrúa ou, coma neste caso, circulando nun patinete eléctrico trucado; a Policía Local de Vigo atopa todo tipo de irregularidades na condución destes vehículos, dos que os peóns tamén se decatan.

Desta vez, o condutor circulaba pola rúa Fisterra cando a policía local lle deu o alto. Ao inspeccionar o patinete para comprobar as súas características, detectaron que podía circular a 96 quilómetros por hora, cando non pode ir a máis de 25. 

Os axentes denunciaron o condutor por infrinxir o regulamento xeral de vehículos e incautáronse do patinete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade