Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multan tres madeireiros en Foz por deixar intrasitables varias pistas

Multan tres madeireiros en Foz por deixar intrasitables varias pistas

As denuncias implican sancións cunha contía conxunta superior aos 10.000 euros

Félix Aragunde 15/05/2023 14:00 Última actualización 15/05/2023 14:08

A Policía Local de Foz denunciou tres madeireiros por deixar intransitables varias pistas deste concello.

Tras realizaren traballos de corta nas parroquias de Nois e de Santa Cilla, supostamente dificultaron o tránsito de vehículos ao quedaren as cunetas cheas de madeira e de restos de biomasa.

As denuncias foron cursadas en base á ordenanza municipal de uso e aproveitamento das vías públicas. En conxunto, as sancións superan a contía de 10.000 euros. 

Pola súa parte, o Concello de Foz retirou os restos que obstaculizaban o tráfico e arranxou as pistas afectadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade