Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multas de 750 euros en Sevilla por despedidas en roupa interior ou con elementos eróticos

Multas de 750 euros en Sevilla por despedidas en roupa interior ou con elementos eróticos

Prohibidos os complementos que representen os xenitais do ser humano ou elementos de carácter sexual, como bonecos

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 31/01/2024 18:52

O Concello de Sevilla aprobou a nova Ordenanza de Medidas para o Fomento e a Garantía da Convivencia Cidadá nos Espazos Públicos, que regulará a celebración das despedidas de solteiro na vía pública, con multas de ata 750 euros por ir en roupa interior ou con elementos eróticos.

A nova ordenanza, que entrará en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permitirá á Policía Local multar con ata 750 euros a quen está na vía pública "sen roupa ou unicamente en roupa interior", ademais de sancionar a quen estea "con roupa ou complementos que representen os xenitais do ser humano" ou con elementos de carácter sexual, como bonecos.

A medida foi aprobada este mércores co voto a favor do PP e Vox, e en contra de PSOE e Podemos-IU, e supón para o alcalde, José Luis Sanz (PP), "un paso definitivo" para regular un tipo de turismo "que non lle interesa á nosa cidade -dixo-".

Sanz cumpre con esta ordenanza unha das súas promesas electorais, ao vixiar accións que "enchían o centro histórico máis importante de España -afirmou- con comportamentos e condutas que non queremos" que se sigan asociando con Sevilla.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade