Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multas en Redes por non prestar atención aos sinais

Multas en Redes por non prestar atención aos sinais

200 euros é o que teñen que pagar os visitantes que entren e circulen pola vila

G24.gal 24/04/2024 14:37

Redes é unha desas vilas turísticas que coa chegada dos meses estivais triplica poboación, o que para os seus residentes ás veces supón un verdadeiro quebracabezas á hora de mover e aparcar o coche.

Por iso habilitáronse dous estacionamentos, un exclusivo para residentes e outro só para visitantes. Os dous son de balde, pero como moitos turistas seguían ocupando as prazas reservadas para os veciños, o Concello decidiu poñer videocámaras, e así cazar os infractores. Di o alcalde de Ares que así "o tráfico está ordenado e ten alternativas, os veciños teñen o seu aparcadoiro..., danse facilidades e ata de balde".

O problema está nos que por descoido salten o sinal. 200 euros de multa é o que teñen que pagar os visitantes que entren e circulen pola vila, e con isto a polémica está servida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade