Publicador de contidos
Publicador de contidos

As infeccións sexuais multiplícanse entre a mocidade

As infeccións sexuais multiplícanse entre a mocidade

A gonorrea duplicouse e a sífilis medrou un 50 % no último ano en Galicia

A prevención e a detección precoz son fundamentais para frear as ETS

G24.gal 04/09/2023 14:44

No Día Mundial da Saúde Sexual, os expertos advirten: a gonorrea, a sífilis, a clamídea ou papiloma avanzan, e a paso moi acelerado, sobre todo entre a poboación máis nova

" Isto vén dado por máis cambios de parella, relacións máis curtas, relaxación no uso do preservativo, e o concepto de que son infeccións banais, sen consecuencias importantes", explica Susana Miras Carballal, a xefa de servizo de control de enfermidades transmisibles na Consellería de Sanidade.

No último ano en Galicia os contaxios por gonorrea duplicáronse e os de sífilis aumentaron un 50 %. Hai casos que non presentan síntomas e que facilitan a súa expansión. Malia que a percepción de risco é baixa, estas infeccións poden ter consecuencias serias.

"Se se collen pronto, poden tratarse facilmente na maioría dos casos. Pero se non, poden traer consecuencias graves como infertilidade, afectacións neurolóxicas, ou problemas no embarazo, hai que tomalas en serio", advirte a inmunóloga África González Fernández.

Igual que se fixo coa VIH, que vai a menos, cómpre reforzar a detección precoz destas infeccións e tratalas canto antes. 

"Ante calquera síntoma relacionado cunha ETS o consello é acudir a un profesional sanitario para facer as probas pertinentes para detectar e tratar a infección canto antes, se se espera os tratamentos e antibióticos non son tan eficaces", di Susana Miras Carballal.

A educación sexual, co preservativo como buque insignia, é outra das chaves para frear o avance das infeccións máis íntimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade