Os aloxamentos extrahoteleiros multiplican por seis a súa demanda
Os aloxamentos extrahoteleiros multiplican por seis a súa demanda
Os aloxamentos en cámpings subiron un 73 % respecto ao ano pasado
As hospedaxes de turismo rural aumentaron a ocupación o 146 %
As ganas de vacacións están no ambiente. Logo de dous anos de restricións por mor da pandemia, os destinos ao aire libre son os favoritos.
Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística correspondentes ao mes de maio, os establecementos extrahoteleiros de Galicia, como cámpings, albergues, casas de turismo rural e apartamentos turísticos, multiplicaron por seis a súa demanda.
A área de autocaravas que acaba de inaugurarse en Sober está case chea. Dotada con todo tipo de servizos, é a primeira destas características que abre na Ribeira Sacra.
Sobe a demanda
Esta clase de turismo multiplica por seis a demanda respecto ao ano anterior. Xa non hai as restricións impostas pola pandemia e hai ganas de gozar da natureza. Tamén o aspecto económico pode influír, porque son aloxamentos máis económicos que os hoteis.
O caso é que o mes pasado o Instituto Nacional de Estatística reflexa un aumento do 73 % das hospedaxes en cámping respecto ao ano anterior e un 146 % no caso do turismo rural.