Cargando resultados...
Multitude en Bembrive nun San Brais marcado polas gaitas e furanchos
Multitude en Bembrive nun San Brais marcado polas gaitas e furanchos
Unha das máis tradicionais romarías da localidade gozou dun día solleiro para as celebracións
G24.gal
03/02/2024 14:44
Última actualización 03/02/2024 16:11
Avogoso dos males de gorxa é San Brais, un santo que é homenaxeado hoxe en Vigo na parroquia de Bembrive, nunha das máis tradicionais e concorridas romarías da cidade.
As rúas de pedra da localidade énchense de grupos de gaitas e furanchos. Este ano co día solleiro e ao cadrar en sábado, a afluencia está sendo moi considerable.