Multitudinaria Festa do Polbo no Carballiño, coa hostalaría ao completo
Multitudinaria Festa do Polbo no Carballiño, coa hostalaría ao completo
Medio cento de polbeiras coceron máis de 20 toneladas do cefalópodo
Día grande este domingo na Festa do polbo do Carballiño, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
Medio cento de polbeiras coceron máis de 20 toneladas de polbo. O longo da semana as previsións falan de 50 mil. Agardan 100.000 persoas nunha das festas gastronómicas máis lonxevas e multitudinarias de Galicia.
Unha romaría contemporánea en que ninguén quere perder a tradición de comer o polbo á feira do Carballiño. Un exquisito manxar que atravesa fronteiras e mesmo nesta edición a fama esténdese a Corea do Sur, cunha canle de televisión daquel país que está a realizar unha reportaxe sobre a festa, a elaboración do polbo e a historia e tradición dunha familia de polbeiros.