Cargando resultados...
O polbo á feira, o prato típico máis representativo de Galicia, segundo o CIS
O polbo á feira, o prato típico máis representativo de Galicia, segundo o CIS
Séguenlle, aínda que a moita distancia, o marisco, o cocido, o peixe ou os callos
G24.gal
10/09/2024 15:18
Última actualización 10/09/2024 16:32
Este prato é o que reúne a esencia da terra galega, o rei das rías, segundo a maior parte dos galegos. Nunha enquisa do CIS, o 53 % dos galegos apostan polo polbo á feira, un deleite gastronómico difícil de resistir.
Ao polbo séguenlle aínda o marisco, o cocido o peixe e os callos. Entre tanta variedade é difícil escoller. Aínda así quedaron fóra da enquisa outros manxares galegos tamén de moita sona.
Póñase quen se poña, o polbo está o primeiro na clasificación do máis famosos representantes gastronómicos da terra.