Cargando resultados...
Museo Policial da Coruña, un paseo polos 200 anos de historia da Policía Nacional
Museo Policial da Coruña, un paseo polos 200 anos de historia da Policía Nacional
O museo alberga máis de 3.000 obxectos nas súas oito salas
O 13 de xaneiro de 1824 Fernando VII creou a Policía Xeral do Reino, antecedente histórico da Policía Nacional
G24.gal
03/02/2024 15:30
Última actualización 02/02/2024 21:37
A Policía Nacional cumpre 200 anos. É o corpo máis antigo, e din que a capacidade de adaptarse a cada época é o segredo para alcanzar o bicentenario.
Para conmemoralo, visitamos un lugar que nos conta moito da súa historia: o Museo Policial da Xefatura Superior de Policía de Galicia, que está na Coruña. E é un gran descoñecido.