Publicador de contidos
Publicador de contidos

Muxía, premiada como a vila máis acolledora de España polos usuarios de booking.com

Muxía, premiada como a vila máis acolledora de España polos usuarios de booking.com

Os galardóns Traveller Review Awards outórganse a nivel mundial co obxectivo de recoñecer o labor e a calidade dos servizos turísticos

O Parador da Costa da Morte axudou nos últimos anos a darlle pulo ao turismo na zona e tamén foi distinguido con varios premios

G24.gal 22/03/2024 22:26 Última actualización 26/03/2024 21:07

O concello de Muxía será condecorado como a localidade máis acolledora de España e a mellor valorada polos turistas nos premios Traveller Review Awards 2024, que organiza o buscador de aloxamentos e viaxes máis prestixioso de Internet. 

Muxía vaise levar este galardón nuns premios a nivel mundial que se reparten desde o ano 2012 co obxectivo de recoñecer o labor e a calidade dos servizos turísticos en base ás valoracións verificadas da comunidade de viaxeiros da plataforma booking.com. Todo un orgullo para os que forman parte do entramado turístico como é o caso do Parador de Costa da Morte.

"Todos os galardóns que recoñecen a labor dos que atendemos ao turismo é moi importante. Os hoteis sempre traballamos dando o mellor de nós, para que os clientes queden contentos e nos valoren. Pero que neste caso sexa a vila de Muxía a máis galardoada de España é un premio importantísimo" explicaba Julio Castro, director do Parador da Costa da Morte.

Este parador da Costa da Morte axudou a impulsar o turismo neste municipio e xa levou diversos galardóns desde a súa apertura no ano 2020. Un concedeullo a prestixiosa revista de viaxes National Geographic como mellor hotel nunha contorna natural de España. E tamén levou outro ao mellor spa de toda a Península Ibérica outorgado polos premios Wellness Experience que distinguen a innovación, a sostiblidade e a calidade das instalacións.

Na votación participan usuarios procedentes de máis de 220 países e territorios. Esta edición contou coas valoracións de máis de 309 millóns de usuarios, o que aínda lle dá máis valor a este recoñecemento. A xente da vila acolleu esta distinción con moita ledicia.

O alcalde da vila será o encargado de recoller este recoñecemento na gala que terá lugar o día 25 de abril en Xixón e que volverá darlle un pulo ao turismo no municipio e na Costa da Morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade