Na aldea do Agrelo, en Muíños, a fonte está seca e a auga da traída non é potable
Na aldea do Agrelo, en Muíños, a fonte está seca e a auga da traída non é potable
Un mes levan sen unha pinga de auga neste lugar onde conseguiron traela da traída da aldea de Porqueirós pero non é apta para o consumo
Para beber e ata para se ducharen están mercando auga embotellada
A seca dos mananciais deixou sen auga da traída á aldea do Agrelo, no concello ourensán de Muíños. Alí, veciñas de máis de 80 anos din que nunca viron seca esta fonte da que tamén se abastecían. Din que desde hai cousa dun mes xa non bota nin unha pinga de auga.
Conseguiron auga da traída da aldea lindeira de Porqueirós, pero din que vén totalmente toldada e que non é apta para o consumo humano. Entón para beber, cociñar e mesmo ducharse están mercando a auga.
Así, despois de máis dun mes sen auga, vanse apañando como poden, a Ascensión de 84 anos, o seu sobriño lévalle todos os días unha garrafa de auga para que poida beber.
Desde o Concello o alcalde de Muíños di que xa están buscando unha solución para captar auga doutro manancial e darlles abastecemento aos veciños.