Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na auga "non hai nada que indique que aínda haxa contaminación do Prestige", di a directora do Laboratorio de Medio Ambiente

Na auga "non hai nada que indique que aínda haxa contaminación do Prestige", di a directora do Laboratorio de Medio Ambiente

"A concentración de benzopireno, o compoñente máis tóxico, non chegou a ser perigosa", di María Luz Macho

Voluntarios recollendo chapapote no ano 2002 Voluntarios recollendo chapapote no ano 2002
G24.gal 08/11/2022 10:32

Hai vinte anos, o 13 de novembro 2002, as nosas rías, a nosa costa, Galicia, comezaba a vivir unha catástrofe medioambiental sen precedentes, a provocada pol afundimento do petroleiro Prestige.

María Luz Macho, directora do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, con sede na Coruña, lembra hoxe na entrevista do informativo 'Bos días' de Televisión de Galicia o papel que xogou naque momento, e tamén posteriormente,  o seu laboratorio. Un laboratorio que é un referente internacional na investigación e na vixilancia na loita contra o cambio climático

"Estivemos facendo onte, precisamente, unha recompilación histórica do traballo realizado, e recontamos unhas oitenta mostras ao longo dun ano. Comezamos a recibir as mostras en novembro de 2002, tras ocorrer a catástrofe e estivemos recibindo mostras ata setembro de 2003", di a directdora do Laboratorio de Medio Ambiente e Galicia.

Relata María Luz Macho que dividiron o traballo en tres fases: "Identificación dos compoñentes do fuel, de todos os retos atopados nas praias os meses seguintes para saber se procedían do Prestige e a terceira fase, que foi a que durou más tempo e tivo máis repercusión, foi identificar os danos que podían provocarlle ás especies mariñas, ao medio ambiente".

Salienta que a experiencia previa da catástrofe do Érika en Francia foi moi importante porque "o fuel era moi similar ao do Prestige. O traballo que fixo o seu laboratorio previamente axudounos a avanzar máis rápido".

Relata a directora do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia que o máis importante foi identificiar os compeñentes do fuel e a súa evolución desde que foi embarcado, as reaccións químicas dos compoñentes nas praias e en contacto coa auga, coa luz e o aire, para coñecer a súa toxicidade real. Así foi como chegaron á conclusión de que "a concentración de benzopireno, o compoñente máis tóxico, non chegou a ser  perigosa. Tanto que se atopamos no mar como o que atoparon posteriormente nos distintos alimentos relacionados cos lugares nos que se produciu a catástrofe".

Tamén fixeron análises complementarias noutros laboratorios, aclara María Luz Macho, sobre alimentos de orixe mariña que poderían verse afectados pola vertedura do Prestige, e tampouco se atoparon cantidades perigosas, insiste.

Todos os parámetros que se están analizando da auga mariña "estase vendo a evolución" ao longo dos anos, insiste a directora do laboratorio. "Facemos estas análises en colaboración con augas de Galicia, e polos informes que emite Augas de Galicia, coa información que lle subministramos, non se atopou nada en augas naturais que poida levar a pensar que aínda hai restos desa catástrofe. Pasaron 2020. Agora non hai nada que nos diga que aínda sufrimos o impacto do Prestige".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade