Chega un novo cambio de hora, co debate sobre a súa utilidade aínda sen resolver
Chega un novo cambio de hora, co debate sobre a súa utilidade aínda sen resolver
Na madrugada do sábado ao domingo ás dúas serán as tres
O cambio altera o sono e as rutinas tamén nos animais
Chega a primavera e con ela o cambio de hora. Na madrugada do sábado toca adiantar o reloxo, e ás dúas serán as tres. Durmiremos unha hora menos, e a partir de aí os días serán máis longos.
Nos Estados Unidos decidiron eliminar os cambios a partir do 2023, en Europa non hai consenso. Cos prezos actuais o aforro enerxético é prioritario, pero moitos opinan que esta non é unha forma eficaz de logralo.
Moitos notarán o cambio no corpo, con alteración no sono e das rutinas. Un jet lag que tamén padecen eles, os animais, desoriéntanse ao ver alteradas as horas de comida ou paseo. Por iso o ideal é facer o cambio gradualmente.
Octavio Villazala, adestrador de animais, aconsella ir adaptando o novo horario de dez en dez minutos ao longo de dúas semanas, non cambiar unha hora de golpe na rutina das comidas e dos paseos dos animais.
O normal é que adapten en cuestión de días. Nada moi diferente do que nos pasa a nós, os humanos, cando toca cambiar as agullas do reloxo.