Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na parroquia vilalbesa de Oleiros levan máis dunha semana sen teléfono fixo nin Internet

Na parroquia vilalbesa de Oleiros levan máis dunha semana sen teléfono fixo nin Internet

O problema débese á rotura dun cable no barrio de Carracedo

Félix Aragunde 04/01/2022 13:34

Unha avaría fixo que os veciños e os negocios de Oleiros, en Vilalba, quedasen sen teléfono fixo nin Internet. O problema débese á rotura dun cable no barrio de Carracedo, que é a zona máis afectada. Como resultado, non poden teletraballar, e ademais a cobertura móbil tamén falla.

Os usuarios levan máis dunha semana queixándose á compañía teléfonica que lles dá servizo. Aseguráronlles que habían de pasar para arranxar a avaría, pero ata o momento o problema aínda non foi solucionado. 

Iso si, a factura teléfonica segue a chegarlles aos afectados como se o servizo funcionase correctamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar