Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nace a Primeira División Galega Feminina-Arzúa Ulla DOP

Nace a Primeira División Galega Feminina-Arzúa Ulla DOP

O Consello Regulador Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa convértese no patrocinador principal da máxima categoría do fútbol feminino en Galicia

G24.gal 10/09/2022 15:44

O fútbol feminino galego segue dando pasos cara adiante. O pasado venres presentouse na sede da Federación Galega de Fútbol o patrocinio para a primeira división galega feminina. Para falar de tal acontecemento o Galicia en Goles conversou con Amancio Varela, responsable da RFGF Feminino e con Xosé Luis Carrera, Presidente da DOP Arzúa Ulloa. 

Varela falou sobre a categoría.

"É a primeira categoría de carácter autonómica das dúas que temos. O paralelismo sería coa Preferente masculina. Son equipos de distintos concellos galegos, unha liga moi competitiva para cando se chegue ao ámbito profesional se poida amosar o nivel que temos de fútbol".

Pola súa banda, Xosé Luis Carrera explicou a decisión de patrocinar esta competición

"Decidimos facer unha aposta polo deporte galego pero tamén no feminino porque  o noso queixo ten moito de feminino, pola vaca, que da o leite, e porque tradicionalmente as que recollían o leite eran mulleres. Vencellando a nosa actividade co deporte, decidimos apostar por elas porque están comenzando e dar nome a unha competición".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade