Nace en Laxe a primeira Ruta dos Percebeiros
Nace en Laxe a primeira Ruta dos Percebeiros
A iniciativa pretende sacar rendemento turístico das tradicións mariñeiras
Laxe conta xa cunha ruta do percebe, un proxecto para a posta en valor das zonas marisqueiras dende un enfoque turístico.
Con este proxecto o que se pretende é enxalzar os produtos da zona mariñeira de Laxe, ademais da cultura, a gastronomía e a paisaxe.
Ao longo da ruta podemos atopar carteis identificativos que nos levan polo percorrido dos percebeiros. Estes carteis estarán en tres idiomas e un código QR, que nos dá toda a información para facer os cinco quilómetros que arrincan do centro de Laxe e van ata o faro.
Esta mañá, o vicepresidente da Xunta e a conselleira do Mar visitaron Laxe para coñecer este proxecto.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que o turismo pospandemia vai buscar experiencias coma estas. Espazos abertos e lugares non masificados.