Nace o selo Galicia Calidade Alimentaria para os produtos do agro e do mar
Nace o selo Galicia Calidade Alimentaria para os produtos do agro e do mar
A etiqueta agrupará as denominacións de orixe, razas autóctonas ou o selo PescadeRías
O presidente da Xunta anunciou hoxe a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria, que nace canda o portal na Internet galiciacalidadealimentaria.gal onde mercar e vender produtos do país.
"Baixo este novo distintivo agruparemos os produtos das 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, tanto do mar como do agro; as marcas de garantía como Galega 100%, que ampara a calidade do noso leite; as razas autóctonas e o selo Pescaderías", explicou Alberto Núñez Feijóo.
Unha campaña para este Nadal de 700.000 euros acompaña o nacemento da nova etiqueta. Dende a presentación de Galicia como unha potencia na calidade alimentaria a divisa é Galicia Etiqueta Calidade.