Naturgy recorre ao pastoreo para limpar as liñas eléctricas
Naturgy recorre ao pastoreo para limpar as liñas eléctricas
A eléctrica asinou un convenio para un proxecto piloto co concello de Vilariño de Conso
As prácticas máis ecolóxicas pasan, a miúdo, por unha volta ás orixes. A eléctrica Naturgy acaba de poñer en marcha en Vilariño de Conso un proxecto piloto que consiste en empregar cabras e ovellas para limpar de vexetación a contorna das liñas eléctricas.
Pablo Carreira, delegado de UFD-Naturgy en Ourense: "Conservamos as liñas nun estado axeitado, con solucións que axuden ao desenvolvemento do territorio, co que tamén estamos comprometidos".
En Vilariño de Conso hai medio cento de explotacións gandeiras, a maioría cabras e ovellas, as idóneas para este traballo.
Melisa Macía Domínguez, alcaldesa de Vilariño de Conso: "Naturgy ten moitas liñas de alta tensión coma estas, que están perdidas, e sería unha maneira de recuperar o solo, manter o gando e crear biodiversidade".
É un proxecto piloto e os gandeiros están avaliando aínda o seu potencial alcance.
Antonio Tucci, gandeiro: "Nós gañamos alimento para o gando, e estamos en negociacións para obter ferramentas que nos permitan manexar mellor o gando debaixo dos tendidos".
Na iniciativa está implicada tamén a Deputación de Ourense, a través do INORDE, ante a posibilidade de estendelo a outras zonas.