Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nava Castro recupera a alcaldía de Ponteareas por maioría simple

Nava Castro recupera a alcaldía de Ponteareas por maioría simple

Foi elixida con 8 apoios, os 7 votos do PP e un de Independentes por Ponteareas

G24.gal 17/06/2023 14:02 Última actualización 17/06/2023 14:28

A candidata do PP, Nava Castro, é a nova alcaldesa de Ponteareas. Foi elixida por maioría simple con 8 apoios, os 7 votos do PP e o de Domingos Freitas, de Independentes por Ponteareas (IP).

O pleno de investidura celebrouse en medio de certa tensión polas negociacións dos últimos días e os intentos de acordo.

Por unha banda, tentaban pactar o PP e Alternativa Ciudadana Independiente por Ponteareas, negociacións nas que esta última esixía a alcaldía. Por outra, o BNG, Alternativa Ciudadana Independiente por Ponteareas e Ponteareas en Común.

Finalmente, Nava Castro acadou 8 votos. A candidata do BNG e ata o de agora alcaldesa, Cristina Fernández, conseguiu os da súa formación, os do PSdeG e os de Ponteareas en Común. Alternativa Ciudadana Independiente por Ponteareas recibiu os seus catro votos.

"Os éxitos que esta corporación que hoxe inicia serán os éxitos de toda a cidadanía de Ponteareas. Teño a certeza de que imos acometer proxectos que levan anos esperando o seu momento ideal e ese momento chegou. Aspiro a que dentro de catro anos poidamos facer balance e que coincidamos en que estabamos no certo e que era posible devolverlle a identidade e a posición destacada á nosa vila no panorama comarcal e provincial", destacou Nava Castro.

"Estaremos aí para fiscalizar e para comprobar que non se bota a perder todo o traballo realizado durante este tempo que tanto esforzo nos custou a moitas persoas", dixo Cristina Fernández. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade