Publicador de contidos
Publicador de contidos

Navantia transforma o estaleiro de Fene para dar resposta á demanda da eólica mariña

Navantia transforma o estaleiro de Fene para dar resposta á demanda da eólica mariña

A empresa investirá 50 millóns de euros para poder superar os 2.000 empregos en 2025

G24.gal 28/11/2022 14:38

Das gradas de Navantia en Fene saía hai 20 anos o último barco construído no estaleiro. Hoxe o volve estar cheo de actividade grazas á demanda xerada polo mercado da eólica mariña. Navantia supera só neste ano, toda a contratación dos dez anos que leva no sector.

"Este é un negocio moi áxil, que medra moi rápido e temos que ser capaces de dar resposta ás demandas dos nosos clientes para non quedar fóra do mercado", di Manuel Bermúdez de Castro, director de Diversificación de Navantia.

Xa se deron os primeiros pasos nese proceso de transformación. Un deles, a adaptación do taller de bloques planos para comezar a fabricar este mes de decembro os primeiros postes eólicos dun único pé, os chamados monopiles. Tamén se eliminará a histórica grada do estaleiro para aumentar nun 300 % a capacidade de traballo baixo o guindastre pórtico.

"Debemos ser capaces de construír as tres tecnoloxías da eólica que son as monopiles, as jackets e a flotante no 2025 para poder superar os 2.000 postos de traballo de calidade", explica Bermúdez de Castro.

Neste mes de decembro a nova división de enerxías verdes de Navantia agarda pechar dous novos contratos no mercado internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade