Navarra leva o Miss Vaca 2024 para Lugo
Navarra leva o Miss Vaca 2024 para Lugo
A explotación Gandería da Morena gaña por terceira vez o concurso
O dono destaca a beleza e elegancia desta rubia de 900 quilos
Catro eran as candidatas: Navarra por Lugo, Gallarda por Ourense, Parrula por Pontevedra e Cuca pola Coruña. A votación foi axustada ata o final, pero Navarra tiña escrito o seu destino no sobre da gañadora e gañou o concurso co 33 % dos votos.
Hoxe Navarra mira á cámara con soltura e remoe o premio no prado dos lavadoiros. Tranquila e lonxe da calor dos focos. E tamén allea ao rebumbio que montou. Ángel Santos, da Gandería da Morena de Friol, di que o teléfono non parou de soar. Chamaron programas, revistas especializadas, veciños...
Esta é a décimo sexta edición do concurso Miss Vaca e a provincia de Lugo gañouno en doce ocasións.