Navegar en augas pouco profundas, o máis eficaz para evitar as candorcas
Navegar en augas pouco profundas, o máis eficaz para evitar as candorcas
A aplicación Orcinus, promovida pola Xunta, informa dos avistamentos de cetáceos
O último incidente entre un veleiro e as candorcas foi esta semana en Sálvora
Tras o incidente con candorcas rexistrado esta semana en Sálvora, os expertos aconsellan a futuros navegantes evitar as zonas de maior profundidade e consultar a aplicación promovida pola Xunta, que informa da presenza destes cetáceos.
O director do Instituto para o Estudo dos Delfíns Mulares do Grove, Bruno Díaz, explica que van cara ao norte seguindo o atún vermello, e axiña abandonarán a costa galega.
Bruno Díaz explica que Galicia sempre foi zona de paso do atún vermello e polo tanto das candorcas, que son o seu depredador natural. Ata hai pouco pasaban desapercibidas pero ultimamente a súa presenza é máis notoria polo comportamento dalgúns destes exemplares.
"Agora a súa dirección é cara ao norte polo que esperamos que saian das augas galegas e non teñamos mais incidentes (...). Cando teñen este tipo de comportamentos, é de practicas, de xogo, pero o que están facendo é aprender técnicas de caza, a morder, a desprazarse mais axiña".
O ultimo encontro entre candorcas e unha embarcación foi nas proximidades da illa de Sálvora. A pesar de que o temón rompeu, os ocupantes do veleiro, mantiveron o control cunhas pas e conseguiron chegar ao seu destino.
Bruno Díaz explica que se debe evitar a navegación en zonas de moita profundidade, a máis segura é de menos de 50 metros.
Tamen aconsella, antes de organizar as rutas, consultar a aplicación Orcinus, impulsada pola Xunta, que informa da presenza destes cetáceos. E en caso de producirse algún incidente...
"Informar da posición, manter a calma e no caso de interacción cos animais na pa do timón pois comprobar que non hai unha vía de auga e danos maiores".