Publicador de contidos
Publicador de contidos

Negocios da zona vella de Santiago perden vendas por unha avaría no cobro con tarxeta

Negocios da zona vella de Santiago perden vendas por unha avaría no cobro con tarxeta

A caída do sistema GPRS na rúa do Franco e noutras próximas inutilizou o pagamento por esta vía

O problema persistiu durante a fin de semana máis concorrida do verán en Compostela

G24.gal 22/08/2022 13:47

Unha avaría no sistema GPRS que utilizan os terminais TPV para o cobro con tarxetas inutilizou estes aparellos en moitos negocios da zona vella de Santiago, ateigados de turistas nesta época do ano. 

Comerciantes e hostaleiros da rúa do Franco e das adxacentes tiveron que buscar alternativas para manter as vendas. Algúns, como José Manuel González, "tivemos a sorte de poder enviar algúns clientes a outra das nosas tendas que tiña wifi, e si podía cobrar, pero non é moi operativo".

Outros, como Carlos Rodríguez, conseguiron que "algúns clientes nos fixeran transferencia, outros foron ao caixeiro.... pero aínda así moitas vendas perdéronse".

E as perdas, á espera de concretalas comparando o volume de negocio destes dous días con xornadas previas, non son leves. González calcula que perderon "entre 5.000 e 6.000 euros". Rodríguez cifra a perda "entre un 20 e un 30 por cento das vendas habituais".

Na actualidade a maior parte das transaccións realízanse con tarxeta. Segundo datos do Banco de España, no último ano esta modalidade de pagamento medrou case un 30 por cento. As entidades bancarias e compañías telefónicas enfróntanse polo tanto ás reclamacións dos comerciantes, que xa iniciaron os trámites para pedir un resarcimento.

Esta mañá aínda había certos problemas con algúns dos pagamentos, aínda que a maioría dos comercios xa conseguiran solucionar as dificultades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar