Cargando resultados...
Nevou en cotas superiores aos 1.000 metros
Nevou en cotas superiores aos 1.000 metros
Rexistráronse temperaturas baixo cero, en contraste co tempo solleiro dos últimos días
Félix Aragunde
13/04/2023 13:51
Tras nevar de madrugada, de forma ocasional volveron caer folerpas na montaña lucense nas últimas horas. A cota de neve situouse nos 1.000 metros de altitude, polo que en puntos como o alto do Cebreiro puideron verse de novo estampas máis propias do inverno.
Puido nevar grazas ao descenso acusado que se rexistrou nas temperaturas mínimas, que chegaron ata un grao negativo. Fixo, por tanto, un frío invernal, que contrastou co tempo solleiro das últimas xornadas.
O aumento das temperaturas mínimas que se prevé para os días vindeiros, xunto coa chuvia, acabarán de limpar os restos que aínda quedan desta neve de primavera.