Publicador de contidos
Publicador de contidos

No 2026 sairá a primeira convocatoria de especialistas en Medicina de Urxencias e Emerxencias

No 2026 sairá a primeira convocatoria de especialistas en Medicina de Urxencias e Emerxencias

 Os primeiros profesionais especialistas nesta área completarán a súa formación no ano 2030, segundo as previsións da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias en Galicia

O presidente en Galicia desta sociedade médica considera que a medida vai axudar a mellorar a calidade asistencial nun servizo que é o máis afectado polo déficit de persoal
 

G24.gal 14/07/2024 17:00

Desde a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias levaban anos reclamando a creación dunha especialidade, unha medida aprobada polo Goberno a comezos de xullo. Segundo denuncian, o maior déficit de profesionais no sistema sanitario aféctalle ás Urxencias, ao que hai que sumarlle un forte aumento da demanda nos últimos anos.

"Despois de tanto tempo que se sabía que iamos ter máis xubilacións non se deron os pasos axeitados. O que estamos vendo é que ademais disto cada ano temos un aumento das urxencias de arredor do 5%", explica José Manuel Fandiño, Presidente en Galicia da Sociedade Española de Emerxencias e Urxencias.

​​​​​​
Unha das medidas do plan do Sergas para cubrir as vacacións do persoal sanitario durante o verán é que os MIR de último ano poidan cubrir postos de xeito voluntario en Urxencias e nos centros de saúde. Desde a Sociedade de Medicina de Urxencias din que a medida está axudando pero é insuficiente para cubrir as necesidades de persoal.

"Algúns residentes que de xeito vocacional e voluntario quixeran traballar con nós, ían ter a posibilidade de facer gardas con tutela. Isto axudounos algo, pero o certo é que non chega totalmente para cubrir as necesidades que temos de persoal", explica José Manuel Fandiño, Presidente en Galicia da Sociedade Española de Emerxencias e Urxencias.

Se se cumpren as previsións da Sociedade Española de Medicina de Urxencias, os primeiros profesionais especialistas nesta área completarán a súa formación no ano 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade