No Día Europeo da Obesidade, os médicos defenden a investigación como vía para erradicar esta doenza
No Día Europeo da Obesidade, os médicos defenden a investigación como vía para erradicar esta doenza
No Día Europeo da Obesidade, os médicos defenden a investigación como vía para erradicar esta doenza
A obesidade afecta o 30 % da poboación e vai en aumento polo cambio de hábitos e a contaminación
O Día Europeo da Obesidade pon este ano o foco na prevención e tamén na investigación. Existen varias liñas abertas neste sentido nos laboratorios do IDIS, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Unha das principais conclusións é que a obesidade é unha enfermidade crónica e recidivante, e que por iso é moi importante non abandonar en ningún momento os tratamentos.
Insisten tamén na necesidade de non estigmatizar os enfermos. Existen factores epixenéticos e hormonais que unha vez descubertos e estudados, cando conclúan as investigacións, poderían axudar a previr e tamén a reducir a prevalencia desta enfermidade.
"Concretamente en Santiago existen varios equipos de investigación con relevancia nacional e internacional que teñen resultados importantes para poder atopar dianas terapéuticas e mesmo para poder diagnosticar de xeito precoz unha persoa que ten máis susceptibilidade de padecer obesidade", explica Ana Belén Crujeiras, Investigadora do IDIS.
O ambiente é un factor bastante importante na susceptibilidade de padecer obesidade. Despois tamén se estudan factores hormonais que poidan estar desregulados e poden influír no sistema de regulación do apetito e do gasto enerxético.
Ao tempo, non esquecen os médicos a defensa da volta á dieta atlántica, de evitar o sedentarismo ou de coñecer por exemplo, os beneficios preventivos da lactación materna.