Publicador de contidos
Publicador de contidos

Non lle pagan o alugueiro durante un ano e cando conseguen entran no seu piso está estragado

Non lle pagan o alugueiro durante un ano e cando conseguen entran no seu piso está estragado

G24.gal 25/07/2024 14:26

Moi sucio e cunha chea de estragos. Así toparon o piso polo que levaban un ano loitando nos xulgados para poder recuperalo despois de que a inquilina que entrou vivir só lles pagara o primeiro mes. Os propietarios son un matrimonio humilde que decidira alugalo para acabar de pagar a hipoteca.

Os espellos rotos, as lámpadas estragadas e os colchóns, as billas, as cadeiras, a cociña... E así un regueiro de estragos atopou este matrimonio cando por fin puideron entrar no seu piso cunha sentenza, que tampouco tiña luz por impago.

Contan que levaba un ano ocupado por unha inquilina que só pagou a fianza e o primeiro mes. Xa llelo advertiu nada máis ter as chaves.

É un matrimonio humilde, con graves doenzas, que despois de traballar 50 anos en Suíza decidiron alugar este piso para acabar de pagar a hipoteca mentres viven na casa da aldea. Asegura que ademais dos importantes estragos, tamén lle levaron cousas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos