Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Para min, a mellor carne do mundo"; o vacún galego promóvese no mercado español

"Para min, a mellor carne do mundo"; o vacún galego promóvese no mercado español

O anuncio da IXP Ternera Gallega Suprema difundirase en medios de comunicación, redes e puntos de venda 

O obxectivo é aumentar consumidores e subir prezos en orixe nun momento difícil para o sector

Presentouse no II encontro Galicia Etiqueta Calidade, que comeza hoxe en Compostela

G24.gal 26/10/2022 14:42

A mensaxe levará desde hoxe os sabores, as paisaxes e o bo facer dos gandeiros galegos a todos os recunchos do Estado. Unha campaña sufragada pola Xunta para apoiar un dos piares fundamentais da economía rural.

"Buscamos pola vía da promoción e a diferenciación que o prezo en orixe se incremente para os nosos gandeiros e poidan continuar facendo ese marabilloso labor que están facendo no territorio", explica o conselleiro do Medio Rural, José González.

Malia que a IXP Ternera Gallega é o indicativo que máis certifica de España, quedan moitos padais por conquistar. Sobre todo tendo en conta que o vacún de carne é un dos sectores máis prexudicados pola suba de custos do último ano.

"Ese encarecemento puxo en perigo a rendibilidade das explotacións e tamén a súa supervivencia. Hai que pensar que aí están unhas 8000 explotacións que teñen o seu medio principal na gandería e nesa permanencia no territorio", engade Jesús González Vázquez, presidente das IXP de vacún de carne de Galicia.

A campaña protagonizou a primeira xornada da feira Galicia Etiqueta Calidade. Un evento que busca poñer en valor o conxunto de produtos de calidade diferenciada que temos no país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade