Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os acusados do crime de Samuel Luiz exculpáronse por redes e acusaron os demais

Os acusados do crime de Samuel Luiz exculpáronse por redes e acusaron os demais

Algúns dos procesados borraron todo o que escribiron, segundo a policía, para tratar de eludir responsabilidades

G24.gal 04/11/2024 14:24

Os acusados do crime de Samuel Luiz exculpáronse a través de conversa en redes sociais nas que, á súa vez, acusaron a algúns dos demais, en concreto a Diego M. e a Kaio A. S.

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acolleu unha nova sesión do proceso contra cinco adultos para o caso da morte de Samuel Luiz o 3 de xullo de 2021, no que as acusacións piden penas de entre 22 e 27 anos de prisión.

Este luns declarou o instrutor da última fase da investigación policial, que recibiu os datos dos móbiles desde OS Estados Unidos.

Falou especialmente sobre os terminais de Diego M. -que tiña numerosas consultas a xornais sobre a morte de Samuel Luiz-, Yumba e Kaio A. S., pois Katy S non tiña contido en xeral no seu móbil e de Alejandro M. non se recuperou nada tras un cambio de terminal.

Nas conversas de Yumba sinala a Kaio e apunta a que a agresión pode estar gravada: "Fua, tío, deulle patadas", explicou a un amigo e díxolle "que non participou activamente na agresión". "Eu vino no chan e non fixen nada", argumentou naquel momento, aínda que nos vídeos da agresión vese como derruba a Samuel Luiz.

Frases como "pasáronse moito" eran habituais nesas conversa, onde dubidaba se ir á Policía porque entendía que como nin el nin Kaio tiñan antecedentes non podían identificalos, polo que chamaban outras persoas da súa contorna, aínda que lle advertiron que a entón parella deste último o acusou directamente.

A Fiscalía preguntou por conversas de Diego M. e Katy S. alleas aos feitos nas que se mostran agresividade e ameazas vinculadas a cuestións de celos entre ambos e con terceiras persoas.

Un amigo de Kaio declarou este luns, cando relatou que lle preguntou que pasara: "Díxome que se lle foi das mans porque bebera bastante", detallou. "Non me dixo que participara, pero que estaba con eles (...) Empezou por algo da noiva de Diego e Diego foi por eles e xuntáronse", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade