Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova fenda na coalición pola participación militar de España no conflito con Rusia

Nova fenda na coalición pola participación militar de España no conflito con Rusia

Unidas Podemos, contrario ao envío de buques ao Mar Negro

O líder do PP pídelle ao Goberno que "clarifique" a súa posición

G24.gal 21/01/2022 15:00

O Goberno español avoga pola diplomacia para resolver o conflito con Rusia, pero o ministro de Exteriores advirte que "diálogo non é negociación, non podemos aceptar cousas inaceptables". José Manuel Albares asegurou hoxe que "se o diálogo non dera froitos, España estará xunto aos seus socios europeos e aliados da OTAN na disuasión".

Como parte desa disuasión, España envía dous buques ao mar Negro e estuda tamén o traslado de cazas a Bulgaria. Dende Unidas Podemos opóñense á participación militar do noso país na misión da OTAN. O voceiro do partido, Pablo Fernández, cre que España é "o país do non á guerra, e todo aquel que se aparte dese camiño estaría cometendo un gravísimo erro". 

Tamén se manifestou sobre o asunto a ministra de Igualdade. Irene Montero di que "aposta pola paz, pola desescalada do conflito, por evitar manobras militares na zona, polo diálogo e pola diplomacia".

Ante as diferenzas no seo do Goberno, o ministro de Exteriores recórdalles aos socios de coalición que "a acción exterior de España márcaa o presidente do Goberno". Pero Pedro Sánchez non se pronunciou aínda sobre o asunto. Este xoves estivo en Fitur. Tamén o líder do PP, pero non chegaron a encontrarse.

Pablo Casado reiteroulle o seu apoio ás decisións do Goberno neste asunto, pero pediulle "que clarifique a súa posición" ante as discrepancias entre os socios. Tamén pide que se informe no Congreso da participación militar de España neste conflito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade