Nova noite de colectores queimados durante a folga de lixo na Coruña
Nova noite de colectores queimados durante a folga de lixo na Coruña
Un perigoso incendio puido acabar en traxedia no barrio das Flores
Os veciños están fartos e os problemas poden ir a máis durante as festas da cidade
Un día máis, e van xa 37, continúan os problemas derivados da folga do lixo na cidade da Coruña. Esta noite varios colectores arderon no Barrio das Flores nun incendio que por pouco non afectou a algunha vivenda da rúa Petunias.
Tamén houbo poblemas na zona de Adormideiras. Os veciños están xa fartos dunha situación enquistada e que afecta a todos os coruñeses no seu día a día, e aínda máis a partir de hoxe que comezan as festas da cidade herculina durante todo o mes de agosto.
O Concello denunciou a folga, que cualificou de fraudulenta, diante da Fiscalía, e pide que se lles poña cara aos que queiman colectores. Pero polo de agora a odisea continúa e, a pesar da declaración da emerxencia sanitaria e da contratación da nova empresa de recollida de lixo, a situación de insalubridade mantense na cidade.