Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova peza de arte para o bosque da lembranza do Pereiro de Aguiar

Nova peza de arte para o bosque da lembranza do Pereiro de Aguiar

17.000 metros cadrados de fragas con obras de diferentes artistas

O espazo sitúase na contorna do encoro de Cachamuíña

G24.gal 04/04/2023 20:25 Última actualización 04/04/2023 20:52

Realizado con anacos de lousa e madeira pintada, este banco de inspiración gaudiana é a última peza artística incorporada ao bosque da lembranza. Un novo chanzo na convivencia de arte e natureza.

No bosque da lembranza os visitantes poden gozar de máis de 17.000 metros cadrados de espazos naturais e cun paseo de case catro quilómetros con paneis explicativos e con obras de arte de diferentes autores.

O espazo xurdiu da colaboración entre o concello de Pereiro de Aguiar e a Fundación Cum Laude, que cedeu os terreos.

Un recuncho, pois, para desfrutar da biodiversidade fluvial, da arte e da sensación de paz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade