Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova vaga de ataques do lobo ao gando en Mondoñedo

Nova vaga de ataques do lobo ao gando en Mondoñedo

A última vítima foi un poldro de poni que se encontraba nun prado próximo ás casas

Félix Aragunde 09/01/2024 19:42 Última actualización 09/01/2024 20:49

Un poldro de poni dun ano de idade foi o último animal que matou o lobo en Mondoñedo. O ataque produciuse a uns 50 metros das casas, ás aforas da vila.

Pero non foi o único, posto que en xornadas anteriores apareceron mortas na zona dúas ovellas e dous pois máis, coas conseguintes perdas para os seus propietarios.

Luciano López Fraga, dono do poni: "Estannos atacando ao lado das casas. Este foi a 50 metros. Acabo de oír agora que matou outro aí arriba, e matou dúas ovellas noutro lado e mais outro ponei a cen metros doutra casa. Están vendo dous ou tres lobos cada poucos días".

O dono do poni denunciou os feitos ante Medio Ambiente, que enviou un axente para constatar que se trataba dun ataque do lobo. Cumprido este trámite, o corpo do animal foi retirado nun remolque, á espera de ser recollido polo persoal de Tragsa.

Neste último caso, apenas estaba comesto o poni, valorado nuns 400 euros.

Luciano López Fraga, dono do poni: "Xa non lle toquei a nada. Saquei unhas fotos, contactei cos axentes de Medio Ambiente e viñérono ver. Cando chegou o axente, confirmoume que fora un ataque do lovo, fixemos unha acta e agora a ver o que pasa".

O resto de ponis da mesma manda tivo que ser trasladado a outro prado, co fin de evitar novos ataques.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade