A auga de Foz novamente deixa de ser recomendable para beber ou cociñar
A auga de Foz novamente deixa de ser recomendable para beber ou cociñar
A analítica revelou que volveron aumentar os trihalometanos, polo que se aconsella recorrer a garrafas
A falta de chuvia e o aumento da poboación poden influír na situación
É a segunda vez este verán que a auga da billa en Foz non é recomendable para beber nin cociñar. Na análise cotiá detectouse de novo un composto que está por encima dos valores óptimos. Non queda máis remedio que recorrer á auga embotellada.
Afecta todos os fogares, pero especialmente repercute nos hostaleiros, que xa teñen a experiencia da primeira vez que ocorreu, a principios de mes.
É un trastorno que na primeira ocasión coincidiu coa celebración de san Lourenzo e agora, coa Festa Normanda que acaba de rematar. En canto se detectou o problema advertiuse da situación, que está relacionada co nivel baixo que presenta o río e polo aumento de poboación que experimenta Foz cada verán.
Xa está previsto mellorar a potabilizadora para que non se volva repetir o problema. Consumir auga da billa non afecta á saúde, porque para que así fose debería de facerse de forma habitual durante anos.