Novas declaracións dos inspectores que revisaron o crime do Ceao inculpan o acusado
Novas declaracións dos inspectores que revisaron o crime do Ceao inculpan o acusado
Tamén lle atribúen o atraco ao Cash Miño no ano 92 e mais o asasinato de Toirán no 97
As declaracións dos inspectores da UDEV que revisaron o caso Cash Record ratifican a hipótese que sinala a Manuel Juan Vilariño como autor do dobre crime do Ceao. Ademais, tamén lle atribúen o atraco ao Cash Miño no ano 19992 e mais o asasinato de José Antonio Toirán en 1997.
"Quen non hai unha proba directa? Neste caso, coma en moitos outros procedementos penais, proba directa non ves. Non hai ninguén que estea gravando e que vexa como unha persoa lle dispara a outra", di Carmen Balfagón, avogada da acusación particular.
Na última xornada de declaracións tamén testificou un inspector da Policía Local. Indicou que no bar de Vilariño localizaran 270.000 pesetas en billetes correlativos, que non podían corresponder á recadación do negocio, e que se trataba do único hostaleiro de Lugo que usaba armas.
Neste sentido, as familias das vítimas vense cada vez máis esperanzadas con que o acusado sexa declarado culpable e condenado a 28 anos de cadea.
"Sentes cada vez máis nervios, porque xa ves como vas chegando ao final. A resolución aínda tardará mes e medio, pero despois de pasado todo isto eu sigo con esperanza. Ao mellor son un pouco ilusa, pero espero que non", asegura Isabel López, irmá dunha das vítimas do atraco.
Rematadas as declaracións, só falta que as partes expoñan as conclusións finais antes de que a Audiencia Provincial de Lugo dite sentenza.