Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novas estreas e maior participación nas procesións da Semana Santa de Betanzos

Novas estreas e maior participación nas procesións da Semana Santa de Betanzos

Trátase de pezas recuperadas e restauradas baixo a dirección do modisto Jorge Vázquez, que preside desde 2022 a confraría da Semana Santa

G24.gal 26/03/2024 22:13

As procesións de Betanzos están de estrea con novas vestimentas. Ao igual que o ano pasado trátase de pezas recuperadas e restauradas baixo a dirección do modisto Jorge Vázquez, que preside desde 2022 a confraría da Semana Santa.

"Están expostas no museo todo o ano e saen estes días para que todo o mundo as vexa. Realmente aquí o traballo de restauración é impecable, non hai nin un desperfecto", explica Jorge Vázquez, presidente da confraría, amosando unha peza do Museo das Mariñas.

A colaboración con este museo tamén permitirá sacar á rúa as réplicas de traxes de maceiros do século XVI que forman parte dos fondos do antigo hospital de Santo Antonio.

"Temos que entender tamén que non é un hospital como hoxe en día senón que sería algo máis dedicado á cura das almas, algo de carácter relixioso e por iso tiña unha capela importante e todos eses traxes que temos proceden desa antiga capela do hospital de Santo Antonio", detalla o director do Museo das Mariñas Ángel Arcay.

Outra das novidades de este ano é a decoración das rúas e edificios con reposteiros e gallardetes. Unha mostra máis da implicación dos veciños coa súa Semana Santa á que se suman tamén comercio e hostalería.  

É o caso desta ceraría artesá encargada dos cirios e candeas que se portarán nas procesións. Con aroma a incenso e elaboradas de xeito tradicional e sostible. 

Desde a confraría destacan a crecente participación nas procesións sobre todo da mocidade. O modisto Jorge Vázquez sinala que, presicamente, "esa é a miña gran meta: involucrar a toda esa xente nova, novas xeracións que vaia facéndose coa Semana Santa e que vexan que isto é de todos, que isto é de Betanzos e que todos podemos participar". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade