Publicador de contidos
Publicador de contidos

As candorcas atacan un veleiro de bandeira francesa a tres millas do cabo Ortegal

As candorcas atacan un veleiro de bandeira francesa a tres millas do cabo Ortegal

 A pa do temón do barco, remolcado ata Viveiro, resultou danada debido aos golpes

Félix Aragunde 19/10/2022 14:13

O veleiro Merzadenn, con base na cidade bretoa de Saint-Malo, foi conducido ata o porto deportivo de Viveiro para ser reparado.

A tres millas do cabo Ortegal, a embarcación foi atacada durante unha hora por catro candorcas, que bateron contra a pa do temón ata deixala gravemente danada. Tras quedar sen goberno, tivo que ser remolcada pola Salvamar Shaula.

Christelle Bertrand, dona do veleiro: "Ese é o noso novo barco, que é sólido e moi resistente, porque o ataque foi moi forte, brutal. Aínda así, romperon o temón e a súa pa. Non tivemos medo porque, cos rapaces, non podiamos".

Fernando Medraño, capitán do porto deportivo de Viveiro: "É un comportamento que dende hai un par de anos se está a estender. Os ataques localízanse moito máis na zona de Fisterra ou cara ao sur, pero a probabilidade de que se dean é bastante alta".

Agora, o veleiro permanece en Viveiro, onde se prevé que sexa reparado. Tocante á súa tripulación, unha familia con menores, quedarán na vila mariñá en función da duración dos traballos.

Christelle Bertrand, dona do veleiro: "Coido que habemos quedar aquí, pero poida que volvamos se a reparación se prolonga demasiado".

Fernando Medraño, capitán do porto deportivo de Viveiro: "Estamos procedendo a poñelo en terra. Imos sacar o temón e logo xa será unha cuestión orzamentaria repararlle os danos que ten".

O veleiro atacado era de nova construción. E, ata este último incidente coas candorcas na costa galega, encontrábase en perfecto estado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade