Novo ataque do lobo en Barreiros, onde matou un xato que estaba ao lado das casas
Novo ataque do lobo en Barreiros, onde matou un xato que estaba ao lado das casas
É a terceira res que perde o gandeiro, polo que pide que se apliquen medidas que eviten os danos
As vacas de José Manuel pacen ceibes nun prado ao pé da casa. Hoxe están algo máis desconfiadas porque recibiron a visita do lobo. O seu ataque acabou coa vida dun xato acabado de nacer. Comeulle a parte posterior. O pastor eléctrico que circunda a leira non foi ningún obstáculo para o depredador.
Mesmo teme que algunha vez o lobo chegue a enfrontarse coas persoas. Non foi o primeiro ataque que sofre este gandeiro de Barreiros. Na zona xa se produciron outros, como corrobora o seu veciño, que agora xa non ten animais na casa, pero que tamén se queixa da presenza do lobo.
Indefensos ante o ataque do lobo, cren que se debera tomar algunha medida porque os cartos que lles dan polas reses mortas non cobren os gastos dos animais.