A igrexa de Abelenda de Avión ten un novo retablo grazas ás aportacións da veciñanza
A igrexa de Abelenda de Avión ten un novo retablo grazas ás aportacións da veciñanza
O antigo retablo, do século XVII, queimouse nun incendo e foi retirado nos anos 60
O domingo inauguraron o novo retablo que levou catro anos elaboralo
Este domingo os fieis da parroquia de Abelenda, no concello de Avión, inauguraron o novo retablo feito por José Luis Pérez Rivera, ebanista e ensamblador de retablos de Gomesende, e Adolfo Garrido, pintor e restaurador de arte sacra da Merca.
O retablo fora encargado polo párroco hai catro anos e págano os veciños e veciñas coas súas aportacións, tanto os que viven todo ano en Abelenda como a emigración que hai en México.
Unha foto que se conserva no Arquivo Histórico Provincial de Ourense do retablo do século XVII da igrexa de Abelenda, queimado nun incendio nos anos 60, foi a que guiou os autores do novo. Non é unha réplica exacta, este é máis grande pero si conserva o estilo barroco.
Está tallado en madeira de castiñeiro do país secada á intemperie durante cinco anos. A policromía foi obra doutro artesán ourensán. Catro anos levaron os traballos de elaboración do novo retablo que foi posible grazas ás contribucións económicas da veciñanza da parroquia de Abelenda, moita dela emigrada en México.
O retablo custou preto de 60.000 euros e xa levan colectado máis da metade dos cartos. Este domingo inaugurárono. Un orgullo para todos, poder contar cun novo retablo que a mesma comunidade de fieis fixo posible.