Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novoneyra regresa ao Courel, onde sempre quixo descansar

Novoneyra regresa ao Courel, onde sempre quixo descansar

G24.gal 14/01/2022 09:55

Os restos de Uxío Novoneyra regresan hoxe, 22 anos despois do seu pasamento, á terra do Courel, onde naceu e onde sempre quixo descansar.

No cemiterio de San Froilán, en Lugo, onde foi enterrado o 31 de outubro de 1999, familia e amigos celebraron un acto de despedida dos restos fúnebres, coa lectura de poemas e a interpretación do himno galego.

Uxío Novoneyra Rei, fillo do poeta e presidente da Fundación que xestiona o seu legado, dixo: "Neste acto, moi emotivo, cumprimos o seu desexo". Tamén quixo manifestar o agradecemento da familia á  cidade de Lugo. "Aquí estivo moi coidado e acompañado, ao lado de amigos como Luís Pimentel, Ánxel Fole ou Celestino Fernández de la Vega".

O traslado realízase a poucos días do 19 de xaneiro, cando Uxío Novoneyra cumpriría 92 anos. Natural de Parada do Courel, no concello de Folgoso do Courel, o poeta expresara a súa vontade de ser soterrado alí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade