Publicador de contidos

Publicador de contidos

2023 pecha con récord histórico de incautacións de coca en Galicia: 36.000 quilos

2023 pecha con récord histórico de incautacións de coca en Galicia: 36.000 quilos

Alarma a fabricación de narcolanchas en territorio galego que xorde como unha nova industria do narcotráfico

En febreiro as forzas de seguridade desmantelaban o maior laboratorio de elaboración de cocaína de Europa en Cotobade

G24.gal 03/04/2024 14:46

Desde a Fundación Galega contra o Narcotráfico alertan da avalancha de droga que se incautou nos últimos meses e que tiña como destino Galicia. Destacan ademais un indicador clave que reflicte a situación: o prezo actual da cocaína. 

O 2023 pechou con récord histórico de incautacións, en total 36.000 quilos de cocaína, 15.000 en terra e 21.000 no mar. O ano deixa datos preocupantes, en febreiro as forzas de seguridade desmantelaban o maior laboratorio de elaboración de cocaína en Cotobade.

Alarma a fabricación de narcolanchas en territorio galego que xorde como unha nova industria do narcotráfico. O ano pasado a policía desmantelou ata catro organizacións que se dedicaban a fabricar estas naves. 

Os datos das incautacións rebelan que está entrando máis cantidade de droga, pero tamén poñen de relevo o traballo das forzas de seguridade. Desde a fundación contra o narcotráfico piden ao Estado máis medios e cambios na lexislación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade