Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acceso á praia das Catedrais queda restrinxido a partir deste sábado

O acceso á praia das Catedrais queda restrinxido a partir deste sábado

Cada día poderán visitar o areal un máximo de 4.812 persoas que teñan feita unha reserva previa

G24.gal 30/06/2023 10:57

A partir deste sábado a praia das Catedrais limita a súa entrada. Cada día só poderán visitar este areal da Mariña luguesa un máximo de 4.812 persoas.

Será ata o 30 de setembro e terá que facerse a través das canles habilitadas pola Xunta para a reserva previa.

O acceso á praia é gratuíto, pero, informa a administración nun comunicado, está restrinxido precisamente para conxugar o dereito para gozar do monumento natural co deber de protexer este espazo único na Mariña lucense.

Segundo datos da propia web habilitada pola Xunta de Galicia para formalizar as reservas, máis de catro mil persoas cursaron xa a correspondente solicitude para visitar o areal esta fin de semana, xusto cando comeza o período de restrición.

Para algúns días da próxima semana, o número de reservas é mesmo maior.

Os visitantes que se aloxen no municipio de Ribadeo poderán solicitar un pase no establecemento no que fagan a pernoita e terán acceso ao Monumento Natural de maneira directa.

A reserva tamén pode realizarse a través da páxina web habilitada e xestionada pola Xunta de Galicia -https://ascatedrais.xunta.es-, aínda que neste caso ten que realizarse cun prazo máximo de quince días de antelación.

A restrición de acceso é para baixar ao areal e a visita debe axustarse ao horario de baixamar, pois pola contra a praia non é accesible xa que queda cuberta pola auga.

Para facilitar o acceso á praia, funciona un autobús lanzadeira que sae desde Ribadeo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade