Publicador de contidos
Publicador de contidos

O accidente grave dun camión obriga a cortar a autovía A-52 en Ourense

O accidente grave dun camión obriga a cortar a autovía A-52 en Ourense

Hai polo menos un ferido grave

G24.gal 10/03/2023 19:51 Última actualización 10/03/2023 21:24

O accidente grave dun camión obrigou a cortar a autovía A-52 en Ourense, segundo informan fontes da Garda Civil, que sinalan que un helicóptero se trasladou ata o lugar.

En concreto, o corte produciuse desde a área da saída de Rante ata a primeira saída de Ourense, que é a que coincide co negocio Froitas Raúl.

Polo momento, a autovía segue cortada e o helicóptero desprazouse por se debe trasladar algún ferido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade